Friday 03 de May de 2024

A Xunta participa no xantar en homenaxe aos maiores do concello de Malpica de Bergantiños


O xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asistiu ao xantar en homenaxe aos maiores organizado polo Concello de Malpica de Bergantiños. Durante o evento, lembrou o compromiso da Xunta cos galegos de máis idade e lembrou que en Galicia as persoas maiores teñen un papel protagonista.

O Goberno galego apoia ás persoas maiores ofrecendo servizos de proximidade para que poidan decidir libremente onde e como vivir esta etapa das súas vidas. Así, segue a reforzar todos aqueles programas de atención que permiten achegar atención aos seus propios domicilios como o Servizo de Axuda no Fogar, a Teleasistencia, o Xantar na casa ou o Programa coidados porta a porta.